Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Intervención nun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Oleiros, no concello

Intervención nun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira

Intervención nun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira

     Ribeira.-10/11/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Oleiros, no termo municipal de Ribeira.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do accidente, atopáronse cun vehículo cun forte golpe no costado esquerdo e co condutor atrapado no mesmo como consecuencia dunha colisión entre dous coches. O seu labor consistiu en estabilizar o automóbil, na liberación da persoa atrapada para que fora atendida polos medios sanitarios e na limpeza da vía dos restos dos autos.

     Ata o punto desprazáronse dotacións do Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, Voluntarios de Protección Civil, do GRUMIR, do 061 e o servizo de grúa. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar