Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinción dun incendio nun serradoiro en Campolongo, Pontedeume

Extinción dun incendio nun serradoiro en Campolongo, Pontedeume

Extinción dun incendio nun serradoiro en Campolongo, Pontedeume

Pontedeume.-29/09/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes extinguiron un incendio nun serradoiro en Campolongo, Pontedeume. O lume calcinou parte da citada industria, pero por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Cando os efectivos desprazados chegaron ó lugar do incidente atopáronse con que estaban a arder no interior dunha nave dúas pilas de serrín, motores eléctricos, cadros eléctricos, cintas transportadoras, aceites e madeiras. Procederon a apagar todo o material que había no interior da nave cun tendido de escuma para a continuación sacar, coa axuda dunha pala mecánica, dúas pilas de serrín ó exterior da mesma, para sofocalas con auga. Unha vez sacado o serrín, volveron a acceder á nave para apagar os pequenos focos que quedaban no seu interior, dando o incendio por controlado. A dotación do Parque de Bombeiros de As Pontes trasladou ata a zona dúas autobombas. Ademais dos bombeiros, achegáronse ata o recinto efectivos da Garda Civil Rural e de Protección Civil de Pontedeume.


enviar a un amigo Enviar