Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo no Lugar dos Piñeiros, no Concello de Malpica de B

Extinguido un incendio nun vehículo no Lugar dos Piñeiros, no Concello de Malpica de Bergantiños

Extinguido un incendio nun vehículo no Lugar dos Piñeiros, no Concello de Malpica de Bergantiños

     Malpica de Bergantiños.-29/04/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio nun vehículo acontecido á altura do Lugar dos Piñeiros, no termo municipal de Malpica de Bergantiños.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo envorcado e ardendo, invadindo un dos carrís da estrada. O seu labor consistiu en sufocar o incendio e en limpar a calzada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención os efectivos da Garda Civil de Tráfico da Coruña. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar