Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico con atrapados na AP-9, á altura do Concello de Padrón

Accidente de tráfico con atrapados na AP-9, á altura do Concello de Padrón

Accidente de tráfico con atrapados na AP-9, á altura do Concello de Padrón

     Padrón.-04/07/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido na AP-9 P.Q. 91, sentido Vigo, no Concello de Padrón.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo fóra da vía, envorcado sobre o lado esquerdo e co teito incrustado contra un sinal de información da autopista. O seu labor consistiu na adopción das medidas preventivas e de seguridade oportunas e na excarceración da persoa atrapada.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico e persoal do 061 e do SMPC. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar