Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Pobra, no termo municipal da Pobra do Carami&ntil

Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Pobra, no termo municipal da Pobra do Caramiñal

Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Pobra, no termo municipal da Pobra do Caramiñal

     A Pobra do Caramiñal.-10/11/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nun baixo na rúa Rafael Dieste nº 11, parroquia de Pobra, no Concello da Pobra do Caramiñal.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nun baixo sen vítimas nin mercadorías perigosas. O seu labor consistiu en sufocar o incendio e en enfriar e ventilar o inmoble.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse dotacións do Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Policía Local e Voluntarios de Protección Civil da Pobra. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar