Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Santa María, no Concello de Miño

Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Santa María, no Concello de Miño

Extinguido un incendio nun inmoble na parroquia de Santa María, no Concello de Miño

     Miño.-28/12/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos extinguiron un incendio nun edificio na rúa Carreira nº 15, parroquia de Santa María, Concello de Miño.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cunha columna de lume duns 4-5 metros de altura producida por unha fuga de gas inflamada que lle afectaba á fachada principal dun edificio de 3 plantas. O seu labor consistiu en controlar e sufocar o incendio e na adopción das medidas preventivas e de seguridade necesarias para evitar que se producisen danos persoais.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros dos corpos da Garda Cilvil, Garda Civil de Tráfico, persoal do 061, Voluntarios de Protección Civil de Miño e GRUMIR de Miño. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.



enviar a un amigo Enviar