Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na AG-55, á altura do Concello da Laracha

Accidente de tráfico na AG-55, á altura do Concello da Laracha

Accidente de tráfico na AG-55, á altura do Concello da Laracha

     Laracha.-11/03/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no P.Q. 19 da estrada AG-55, no temo municipal da Laracha.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cunha colisión dun único vehículo contra a mediana da autoestrada, envorcado sobre o teito. O seu labor consistiu na adopción de medidas preventivas e de seguridade para evitar novos accidentes e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico da Coruña e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar