Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na estrada DP-1914, á altura da parroquia de Portomouro

Accidente de tráfico na estrada DP-1914, á altura da parroquia de Portomouro

Accidente de tráfico na estrada DP-1914, á altura da parroquia de Portomouro

      Val do Dubra.- Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala interviñeron como consecuencia do accidente de tráfico acontecido na estrada DP-1914, P.Q. 28, no termo municipal de Val do Dubra.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cun vehículo envorcado sobre o lateral esquerdo e contra a cuneta. A condutora do vehículo atopábase atrapada no seu interior. Non estaba ferida, pero non podía saír. O seu labor consistiu na liberación da vítima e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar