Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na parroquia de Agualada, Concello de Coristanco

Accidente de tráfico na parroquia de Agualada, Concello de Coristanco

Accidente de tráfico na parroquia de Agualada, Concello de Coristanco

      Coristanco.-19/12/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido na AC-552 P.Q. 42, á altura da parroquia de Agualada, no termo municipal de Coristanco.

     O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso, e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cunha colisión entre dous vehículos na que resultaran afectadas as dúas condutoras dos mesmos. O seu labor consitiu na excarceración dunha das vítimas e na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e furgón de servizos varios. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Coristanco, do 061 de Carballo, Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e persoal do GES de Ponteceso. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar