Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Controlada unha fuga de gas nunha vivenda situada no Concello de Laxe

Controlada unha fuga de gas nunha vivenda situada no Concello de Laxe

Fuga de gas nunha vivenda situada no Concello de Laxe

O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia mobilizou esta mañá a efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Carballo para controlar unha fuga de gas detectada nunha vivenda situada na Rúa do Sol, nº 27-2º, no Concello de Laxe. Na chamada sinalaban que se trataba dunha vivenda habitada por unha familia de 5 membros (pai, nai e 3 fillos) dos que 3 se atopaban case inconscientes e os outros 2 con dores de cabeza, mareos e vómitos. Tras chegar os bombeiros ó lugar do incidente, realizaron as revisións e medicións oportunas, dando todas elas negativas. Os membros da familia foron trasladados ó Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Rematada a intervención, regresaron á  súa base. Ademais dos bombeiros, tamén estiveron presentes no lugar efectivos da Garda Civil.


enviar a un amigo Enviar