Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple na AP-9

Catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple na AP-9

Catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple na AP-9

Bergondo.-22/11/2010 O incidente foi visto polos efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos no Remoto do Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia. Ó solicitar máis información, comentáronlles que se trataba dun accidente múltiple no que se viran implicados uns 12 vehículos. De inmediato mobilizáronse ata o lugar do incidente, onde se atoparon cunha gran capa de saraiba na estrada e múltiples vehículos colisionados entre sí, algúns deles fóra da vía. A tarefa dos bombeiros consitiu en asegurar os vehículos e na primeira asistencia dos feridos implicados no accidente. Comprobado o estado e a gravidade dos feridos, solicitáronlle ó 112 dúas ambulancias para o traslado e posterior avaliación por persoal médico de catro persoas con diversas afeccións. Unha vez retirados os vehículos por medio de guindastres, procederon a limpar a estrada, restablecendo así a circulación nese carril. No lugar tamén estiveron presentes efectivos da Garda Civil de Tráfico e membros do servizo de mantemento da autoestrada.


enviar a un amigo Enviar