Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Un home resulta ferido nun accidente de tráfico en Fontecada, Santa Comba

Un home resulta ferido nun accidente de tráfico en Fontecada, Santa Comba

Un home resulta ferido nun accidente de tráfico en Fontecada, Santa Comba

Santa Comba.-27/11/2010 Un home resultou ferido nun accidente de tráfico na CP-5604, á altura do punto quilométrico 17100 en dirección a Serra de Outes. O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia alertou ós efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Santa Comba, comunicándolles que se trataba dunha saída de vía, cunha persoa atrapada no interior dun vehículo en situación inestable. De camiño ó lugar, informounos o 112 da liberación da persoa atrapada polo persoal do 061 e Protección Civil de Santa Comba. Achegáronse, de tódolos xeitos, a valorar a situación por atoparse o vehículo en situación inestable. Unha vez alí, e de acordo coa Garda Civil de Tráfico, avisouse un guindastre para a retirada do mesmo, para a continuación proseguir ca limpeza da estrada. Unha vez rematada a intervención, retiráronse á súa base.


enviar a un amigo Enviar