Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Soandres, Laracha

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Soandres, Laracha

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Soandres, Laracha

A Laracha.- 08/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base no Parque de Bombeiros de Carballo, extinguiron un incendio nun alpendre na parroquia de Soandres, na rúa A Brea. O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso ás 5:40 horas e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, unha vez presentes no lugar, sacaron tódolos rolos de palla ó exterior do alpendre e desfixéronos, para sufocar o incendio. Descoñécense as causas do mesmo, xa que o local carecía de electricidade e estivo a chover toda a noite. Ademais dos bombeiros, colaboraron na intervención efectivos da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e GRUMIR. Cabe destacar que non houbo que lamentar danos persoais.


enviar a un amigo Enviar