Santa Comba.-01/01/2011 Tres bombeiros e un cabo xefe de quenda participaron na excarceración dunha persoa que resultou atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar da Pereira, no Concello de Santa Comba.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, ubicaron os vehículos de forma que quedase protexida a súa zona de traballo. A continuación procederon a estabilizar o automóbil e comezaron coas manobras de excarceración, ata que fixeron espacio suficiente e o persoal sanitario puido estabilizar á víctima. Finalmente, o ferido foi trasladado en helicóptero ata o hospital e os bombeiros comezaron coas tarefas de limpeza da estrada.
Ata o lugar do sinistro desprazouse unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bomberios, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico de Corcubión, do GRUMIR de Santa Comba e de Atestados de Corcubión. Unha vez finalizados os traballos, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.