Betanzos.-04/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos participaron na extinción dun incendio no local da sede do PSOE, situado na rúa Venezuela, no Concello de Betanzos.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó punto, atopáronse cun baixo cun burato nunha fiestra e cheo de fume. Membros da Policía Local indicáronlles que sufocaran o incendio coa axuda dun extintor, polo que procederon a facer unha revisión e ventilación do local. Depois de asegurarse de que non existía risco de reignición, precintaron o recinto.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local, da Garda Civil e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.