Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Berdillo, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Berdillo, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Berdillo, no Concello de Carballo

     Carballo.-15/01/2011 Catro efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Carballo extinguiron un incendio nun vehículo estacionado na estrada Carballo-Berdillo.

     A Garda Civil de Carballo deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun automóbil completamente calcinado, rematando a extinción do lume e enfriando o vehículo.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil. Unha vez rematado o servicio, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar