Cee.-22/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros Comarcal da Costa da Morte acudiron á Avenida de Finisterre, no Concello de Cee, como consecuencia dunha colisión dun turismo contra un poste da luz.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do accidente, atopáronse con dúas mulleres atrapadas na parte traseira do vehículo. O seu labor consistiu na excarceración dunha delas, xa que a outra xa fora liberada polos servicios sanitarios, cos cales colaboraron no seu traslado. De seguido, atallaron unha fuga de aceite que se producira no vehículo a consecuencia do sinistro.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local de Cee, da Garda Civil de Corcubión, da unidade de Motoristas e Atestados da Garda Civil de Tráfico e do GRUMIR de Cee. Unha vez rematado o servicio, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.