Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha nave na parroquia da Barcala, no Concello de Cambre

Extinguido un incendio nunha nave na parroquia da Barcala, no Concello de Cambre

Extinguido un incendio nunha nave na parroquia da Barcala, no Concello de Cambre

     Cambre.-09/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Arteixo extinguiron un incendio nunha nave na rúa Lendoiro s/n, na parroquia da Barcala, no termo municipal de Cambre.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, observaron que non había lapas, pero sí unha densa fumareda. O seu labor consistiu en arrefriar o rescaldo que quedaba. Deseguido, fixeron unha avaliación de riscos da zona afectada polo lume para minimizar a caída de cascallos procentes do tellado e parte da parede do local.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana, unha autobomba nodriza e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar