Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha cooperativa situada na parroquia de Calo, no Concello de Vimianzo

Extinguido un incendio nunha cooperativa situada na parroquia de Calo, no Concello de Vimianzo

Extinguido un incendio nunha cooperativa situada na parroquia de Calo, no Concello de Vimianzo

     Vimianzo.-24/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte extinguiron un incendio na nave dunha cooperativa situada na parroquia de Calo, no termo municipal de Vimianzo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cunha nave chea de rolos de palla ardendo. O seu labor consistiu en extinguir o incendio, sacando os rolos de palla ó exterior do local para facilitar a tarefa. Tamén refrixeraron unha casa anexa ó local como medida preventiva.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana, unha autobomba nodriza e unha motobomba forestal. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local de Vimianzo, da Garda Civil de Vimianzo, Voluntarios de Protección Civil de Camariñas e o GRUMIR de Vimianzo. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.
    


enviar a un amigo Enviar