Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio na fritidora dun restaurante no municipio da Capela

Incendio na fritidora dun restaurante no municipio da Capela

Incendio na fritidora dun restaurante no municipio da Capela

     A Capela.-22/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume interviñeron como consecuencia dun incendio na fritidora industrial dun retaurante situado no Concello da Capela.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse con que o lume xa fora extinguido na cociña. Como medida preventiva, inspeccionaron o inmoble, retirando as partes máis próximas á campá extractora que se atopaban máis deterioradas pola calor. A continuación, ventilaron axeitadamente o local.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar