Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 28 da estrada AG-64, á a

Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 28 da estrada AG-64, á altura do Concello das Somozas

Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 28 da estrada AG-64, á altura do Concello das Somozas

     As Somozas.-04/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume interviñeron nun accidente de tráfico acontecido no km 28 da estrada AG-64, á altura do termo municipal das Somozas.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que no vehículo xa non había ocupantes. O seu labor consistiu en cortar o cable de suministro da batería e extinguir o lume da zona do motor do auto.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autobrazo. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico e persoal do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar