Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico no lugar das Travesas, na parroquia de Beira, no concello de Carral

Accidente de tráfico no lugar das Travesas, na parroquia de Beira, no concello de Carral

Accidente de tráfico no lugar das Travesas, na parroquia de Beira, no concello de Carral

     Carral.-23/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura do lugar das Travesas, na parroquia de Beira, no termo municipal de Carral.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que a condutora do vehículo estaba consciente e orientada, queixándose do seu costado esquerdo e sen poder abrir a porta do coche. O seu labor consitiu no rescate da mesma, para que puidera ser atendida polo persoal sanitario. A continuación, limparon a estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR e persoal do 061 de Ordes e Carral. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar