Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Explosión na sede do PP na rúa Campeiras nº 10, no concello de Ordes

Explosión na sede do PP na rúa Campeiras nº 10, no concello de Ordes

Explosión na sede do PP na rúa Campeiras nº 10, no concello de Ordes

     Ordes.-13/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dunha explosión no local sede do PP, situado na rúa Campeiras nº 10, no termo municipal de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, observaron que a maioría dos cristais das ventás dos edificios lindeiros tiñan perigo de caer. O seu labor consistiu na retirada dos mencionados cristais e na limpeza dos cascallos da entrada do local afectado.

     Ata o lugar da explosión desprazáronse un sarxento xefe de parque, dous cabos xefes de quenda, cinco bombeiros e os vehículos autobomba urbana, autoescada e pick-up. Ademais dos bombeiros do Consorcio, tamén participaron na intervención efectivos da Policía Local, da Garda Civil, do GRUMIR, do Equipo de Investigación da Garda Civil e persoal do Concello. Unha vez rematado o servizo e despois de comprobar que a situación quedaba controlada, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar