Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio nunha vivenda no lugar de Toba, no termo municipal de Cee

Incendio nunha vivenda no lugar de Toba, no termo municipal de Cee

Incendio nunha vivenda no lugar de Toba, no termo municipal de Cee

     Cee.-15/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte interviñeron como consecuencia dun incendio declarado nunha vivenda situada no lugar de Toba, no concello de Cee.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que saía gran cantidade de fume por unha ventá do inmoble. Os bombeiros accederon ó interior da vivenda a través da mesma, onde acharon unha persoa tumbada a carón da cociña, consciente pero aturdida pola gran cantidade de fume que alí había. O seu labor consistiu no rescate da vítima, trasladándoa ó exterior do edificio, onde se atopaba unha ambulancia do 061. A continuación comprobaron que non quedara ninguén dentro da vivenda e ventilárona.

     Ata o lugar do incendio desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros do GRUMIR de Cee, da Garda Civil de Muxía e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar