A Laracha.-16/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base nos Parques de Bombeiros de Arteixo e Bergantiños extinguiron un incendio nun alpendre situado na parroquia de Paiosaco, no concello da Laracha.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nun pendello cheo de madeira e cascallo. O lume tiña unha gran dimensión, co risco de alcanzar os inmobles lindeiros. O seu labor consistiu en sufocar o incendio.
Ata a zona desprazáronse efectivos e vehículos dos Parques de Bombeiros de Arteixo e Bergantiños. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Voluntarios de Protección Civil e persoal do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.