Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Escape de gas nunha bombona de butano na parroquia de Traba, no termo municipal de Coristanco

Escape de gas nunha bombona de butano na parroquia de Traba, no termo municipal de Coristanco

Escape de gas nunha bombona de butano na parroquia de Traba, no termo municipal de Coristanco

     Coristanco.-27/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun escape de gas nunha bombona de butano, acontecido na parroquia de Traba, no concello de Coristanco.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cunha bombona de butano situada no exterior dunha vivenda, comprobando que xa non fugaba gas.

     Ata a zona desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar