Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na rúa Venus, no termo municipal de Car

Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na rúa Venus, no termo municipal de Carballo

Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na rúa Venus, no termo municipal de Carballo

     Carballo.-03/08/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio que se produciu nunha parcela situada na rúa Venus, no concello de Carballo.

     Ante a chamada dun particular, que deu o aviso, deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o incendio estaba moi preto de vivendas e avanzaba rapidamente coa axuda do vento. O seu labor consitiu en extinguir o lume.

     Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil, do GRUMIR, un axente e unha cuadrilla forestal. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar