Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinción dun incendio nun alpendre na localidade de Mazaricos

Extinción dun incendio nun alpendre na localidade de Mazaricos

Extinción dun incendio nun alpendre na localidade de Mazaricos

Mazaricos.-13/08/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base no Parque de Bombeiros de Santa Comba, extinguiron un incendio nun alpendre ubicado na localidade de Mazaricos, no que se gardaban herba seca e apeiros de labranza. Viuse afectado o teito do alpendre e algunha maquinaria agrícola, así como a herba seca, que ardeu. O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso ás 14:14 horas e de inmediato se mobilizou ós bombeiros anteriormente citados, os que, unha vez presentes no lugar, procederon á extinción da herba seca, para o que empregaron 8.000 litros de auga. Posteriormente, procedeuse á retirada da mesma a unha leira anexa coa axuda dos veciños. Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Cabe destacar que non houbo danos persoais.


enviar a un amigo Enviar