Ordes.-18/01/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun incendio nunha nave acontecido na parroquia de Vilamaior, no termo municipal de Ordes.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que o que ardía eran uns pneumáticos de tractores situados na parte traseira da nave. O seu labor consistiu en extinguir o incendio, comprobando que non quedaran rescaldos, para evitar unha posible reignición.
Ata a zona desprazáronse un sarxento xefe de servizo, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaborou na intervención persoal da Garda Civil. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.