Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio forestal na rúa Violetas, no concello de Carballo

Extinguido un incendio forestal na rúa Violetas, no concello de Carballo

Extinguido un incendio forestal na rúa Violetas, no concello de Carballo

     Carballo.-01/03/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio forestal declarado na rúa Violetas, no termo municipal de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun incendio de reducidas dimensións que non ameazaba ás vivendas próximas porque se interpoñía a estrada polo medio. O seu labor consistiu en colaborar co GRUMIR de Carballo alí presente para sufocar o incendio.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros e do GRUMIR de Carballo, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local de Carballo, da Garda Civil de Carballo e un axente forestal. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar