Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Un incendio calcina un transformador en Betanzos

Un incendio calcina un transformador en Betanzos

Un incendio calcina un transformador en Betanzos

Betanzos.-09/11/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base no Parque de Bombeiros de Betanzos, apagaron un incendio nun transformador no interior da construcción que o contiña. O lume non lle afectou a ningunha persoa. O Centro de Coordinación de Emerxencias recibiu o aviso e de inmediato mobilizáronse os efectivos do Consorcio, que se trasladaron á zona. Ó chegar ó lugar, apagaron o incendio e ventilaron a instalación. Durante as tarefas de extinción persoáronse no punto operarios da compañía eléctrica, comezando as tarefas de evaluación para a posterior reparación do transformador. Tamén se achegaron ata o recinto efectivos da Policía Local, do GRUMIR de Betanzos e da Garda Civil de Tráfico.


enviar a un amigo Enviar