Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun colector de obra na rúa Fomento, no termo municipal de Carballo

Extinguido un incendio nun colector de obra na rúa Fomento, no termo municipal de Carballo

Extinguido un incendio nun colector do lixo na rúa Fomento, no termo municipal de Carballo

     Carballo.-13/04/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños, extinguiron un incendio nun colector de obra que estaba a arder na rúa Fomento, no Concello de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cun colector de obra que estaba cheo de madeira, sabas, mantas e colchóns. O único que estaba a arder era un colchón, sen haber vítimas. O seu labor consistiu en extinguir o lume e en vaciar o colector do seu contido, para arrefriar o material que había dentro do mesmo como medida preventiva.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local de Carballo e persoal do SMPC de Carballo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar