Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun inmoble na rúa Arral Fincheira nº 132, no Concello de Rianxo

Extinguido un incendio nun inmoble na rúa Arral Fincheira nº 132, no Concello de Rianxo

Extinguido un incendio nun inmoble na rúa Arral Fincheira nº 132, no Concello de Rianxo

     Rianxo.-19/05/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nun inmoble situado na rúa Arral Fincheira nº 132, no Concello de Rianxo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nunha cheminea, producida pola feluxe acumulada no interior da mesma. O seu labor consistiu en controlar o lume e en arrefriar a cheminea.  A continuación examinaron coa cámara térmica a temperatura da mesma, para comprobar que a zona quedaba totalmente segura.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e furgón de servizos varios. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil de Rianxo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar