Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na parroquia de Vilamaior, Concello de Ordes

Accidente de tráfico na parroquia de Vilamaior, Concello de Ordes

Accidente de tráfico na parroquia de Vilamaior, Concello de Ordes

     Ordes.-28/10/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia do accidente de tráfico acontecido na estrada de Vilamaior a Olas, á altura da parroquia de Vilamaior, no termo municipal de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cunha colisión fronto-lateral entre dous vehículos, na que un dos condutores quedara atrapado como consecuencia do impacto. O seu labor consistiu na liberación da vítima e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico e persoal do 061 de Ordes. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar