A Coruña.-05/11/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque Comarcal de Bombeiros de Arteixo acudiron a un simulacro realizado na empresa Repsol Refinería, no Concello da Coruña.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia notificou o simulacro de incendio do tanque de cru FB 2804, cun incendio en charco de grandes proporcións. A situación da emerxencia era descontrolada, con danos materiais e humanos pendentes de confirmar.
Ademais dos bombeiros de Arteixo, tamén colaboraron na intervención os bombeiros da Coruña, membros da Policía Local, Nacional, Protección Civil, Garda Civil e 061. En total, 200 persoas implicadas nun operativo de dúas horas. Tratouse do primeiro simulacro dun plan de emerxencia exterior celebrado en Galicia, o que significa que participaban por primeira vez os veciños de Nostián e Bens.