O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia mobilizou esta mañá a efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Carballo para controlar unha fuga de gas detectada nunha vivenda situada na Rúa do Sol, nº 27-2º, no Concello de Laxe. Na chamada sinalaban que se trataba dunha vivenda habitada por unha familia de 5 membros (pai, nai e 3 fillos) dos que 3 se atopaban case inconscientes e os outros 2 con dores de cabeza, mareos e vómitos. Tras chegar os bombeiros ó lugar do incidente, realizaron as revisións e medicións oportunas, dando todas elas negativas. Os membros da familia foron trasladados ó Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Rematada a intervención, regresaron á súa base. Ademais dos bombeiros, tamén estiveron presentes no lugar efectivos da Garda Civil.