Oroso.-24/11/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes extinguiron un incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Trasmonte, pertencente ó Concello de Oroso. O lume afectoulle a unha habitación da vivenda, queimando o dormitorio. Trala chegada dos bombeiros ó lugar do incidente, extinguiron o lume e ventilaron o inmoble, que se atopaba ateigado de fume, evitando deste xeito que se propagase pola mesma. Rematada a intervención, regresaron á súa base.