O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB) organizan a Semana da Prevención de Incendios 2017.
A Semana da Prevención de Incendios é un programa de sensibilización que ten por obxectivo divulgarlle á poboación en xeral coñecementos de autoprotección. É necesario coñecer os riscos que poden presentarse no noso entorno: fogares, colexios, centros de traballo, etc., así como adquirir os coñecementos necesarios para saber cómo actuar en caso de emerxencia.
Na seguinte ligazón pódese acceder ó documento coa información completa: