Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Os bombeiros do Consorcio colaboran na extinción dun incendio nunha cinta transportadora de c

Os bombeiros do Consorcio colaboran na extinción dun incendio nunha cinta transportadora de carbón en Endesa

Os bombeiros do Consorcio colaboran na extinción dun incendio nunha cinta transportadora de carbón en Endesa

As Pontes de García Rodríguez.-11/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes colaboraron na extinción dun incendio nunha cinta transportadora de carbón na central térmica Endesa, no Concello de As Pontes de García Rodríguez. O parque de bombeiros recibiu a chamada da central térmica ás 11:36 horas, solicitando a súa colaboración no incidente. De inmediato informaron ó Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia e saíron para o punto. Cando chegaron ó lugar, atopáronse con que os efectivos do corpo de bombeiros de Endesa xa estaban rematando de apagar o incendio, acordando facer un tendido preventivo para prestarlles apoio. Tamén comprobaron a temperatura da cinta cunha cámara térmica. Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza.


enviar a un amigo Enviar