Coirós.-14/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos extinguiron un incendio nun silo de biomasa empregado para almacenar o combustible das caldeiras dunha granxa situada en Anta, na parroquia de Ois, Concello de Coirós. O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso ás 02:15 horas e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, sufocaron o lume refrixerando con auga e rematando con espuma de media, enchendo o silo pola parte superior. Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e do GRUMIR.