Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Un vehículo colisiona contra unha casa na rúa María Pita, no Concello de Santa

Un vehículo colisiona contra unha casa na rúa María Pita, no Concello de Santa Comba

Un vehículo colisiona contra unha casa na rúa María Pita, no Concello de Santa Comba

     Santa Comba.-20/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Santa Comba acudiron á rúa María Pita, no Concello de Santa Comba, como consecuencia da colisión dun turismo contra unha casa.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do accidente, atopáronse con que a víctima xa saíra do vehículo rompendo unha das ventás.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén estiveron presentes no punto membros do GRUMIR de Santa Comba e persoal do 061. Remata a intervención, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar