Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo

     Carballo.-11/01/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Carballo extinguiron un incendio nunha vivenda situada na rúa Mirón, nº 5, na parroquia de Bértoa, Concello de Carballo.

     Cando recibiron o aviso, mobilizáronse os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente atopáronse cunha vivenda unifamiliar dunha altura da que se vían saír lapas da parte traseira da mesma. O foco do incendio atopábase nunha estructura anexa á vivenda, feita de bloque e cuberta con placas de fibrocemento. Os bombeiros sufocaron o incendio, que se localizaba en varios electrodomésticos (nunha neveira e nunha lavadora) e nunhas caixas de cartón, para a continuación retiralos fóra do local.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local, da Garda Civil e do GRUMIR. Unha ver rematado o servicio, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar