Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Baroña, no Concello de Porto do Son

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Baroña, no Concello de Porto do Son

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Baroña, no Concello de Porto do Son

     Porto do Son.-24/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque Comarcal de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda no lugar da Igrexa, pertencente á parroquia de Baroña, no Concello de Porto do Son.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o lume xa fora controlado polos veciños, que lle botaran auga cun par de mangueiras. Entraron ó inmoble e localizaron o incendio no interior dun armario, polo que a súa intervención consistiu en enfriar o roupeiro e na ventilación da habitación. De seguido, retiraron o material danado polo lume.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse dotacións do Parque e Subparque Comarcal de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil. Unha vez rematado o servicio, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar