Frades.-27/01/2011 Un cabo xefe de quenda e dous bombeiros participaron na excarceración dunha persoa que resultou atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Galegos, no Concello de Frades.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun vehículo volteado lateralmente sobre o lado esquerdo. No seu interior achábase unicamente o conductor. A súa intervención consistiu na excarceración do mesmo e na limpeza da estrada dos restos do accidente.
Ata o lugar do sinistro desprazouse unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico e do GRUMIR. Unha vez rematados os seus traballos, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.