Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Sísamo, no Concello de Carb

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo

     Carballo.-30/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños participaron na excarceración dunha persoa que resultou atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun vehículo envorcado lateralmente sobre a porta do condutor. Dentro do automóbil achábase unicamente un ferido que, nun principio, tiña un traumatismo na barbadela, pero non estaba atrapado, só que non podía saír. A súa intervención consistiu en estabilizar o vehículo e en extraer ó accidentado, para de seguido trasladalo á ambulancia.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e persoal do 061. Unha vez finalizado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar