Carballo.-03/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños extinguiron un incendio nunha nave no Polígono Industrial de Bértoa, no Concello de Carballo.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, viron que estaban a arder madeira e serraduras dentro dun colector de obra anexo á nave. O seu labor consistiu en sufocar o incendio. De seguido, removeron as serraduras e a madeira para evitar a reignición do lume.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, do GRUMIR e persoal de seguridade do propio polígono. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.