Coristanco.-08/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños extinguiron un incendio nunha finca situada na rúa O Riveiro, nº 11, na parroquia de Erbecedo, Concello de Coristanco.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, observaron que estaba a arder a herba dunha finca. O seu labor consistiu en sufocar o incendio.
Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil e de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.