Cambre.-09/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Arteixo extinguiron un incendio nunha nave na rúa Lendoiro s/n, na parroquia da Barcala, no termo municipal de Cambre.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, observaron que non había lapas, pero sí unha densa fumareda. O seu labor consistiu en arrefriar o rescaldo que quedaba. Deseguido, fixeron unha avaliación de riscos da zona afectada polo lume para minimizar a caída de cascallos procentes do tellado e parte da parede do local.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana, unha autobomba nodriza e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.