Santa Comba.-13/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala desaugaron un garaxe inundado na Avenida Brasil, no Concello de Santa Comba.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, comprobaron que no garaxe había unha profundidade duns 5 centímetros de auga. A súa intervención consistiu en baldeirar a auga do local anegado, para o que empregaron unha bomba de achique. O anegamento puido estar provocado por un atasco no sumidoiro.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e do GRUMIR de Santa Comba. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.