Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Beira, no Concello de Carral

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Beira, no Concello de Carral

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Beira, no Concello de Carral

     15/02/2011 Tres efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bomberios de Ordes extinguiron un incendio nun vehículo na N-550, na parroquia de Beira, no termo municipal de Carral.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, ó chegar o lugar do incidente, atopáronse con que o automóbil estaba a arder á beira da estrada. O condutor xa saíra do mesmo. A súa intervención consistiu na extinción do incendio, esperando, a continuación, á chegada do guindastre que retirou o auto.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.
    


enviar a un amigo Enviar